Con máis inestabilidade e nubes, a choiva volve á comunidade este venres. As previsións de Meteogalicia anuncian intervalos de nubes e claros e chuvascos de carácter tormentoso, máis xeneralizados pola tarde. O xoves xa deixou un adianto nalgunhas zonas.
Finalmente esta tarde desenvolvéronse algúns chuvascos treboentos no leste de Lugo e Ourense, como vemos na imaxe do radar.
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) April 8, 2021
Mañá os chuvascos serán moito máis xeneralizados pola tarde, como vemos na previsión de chuvia acumulada entre as 14 e as 20h.
Cómpre buscar o paraugas😉 pic.twitter.com/asUbtFR7qA
En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas non experimentarán grandes cambios, máis aló dalgún leve ascenso no terzo norte. Así as cousas, moveranse entre os 5 graos de Lugo e os 11 da Coruña. As máximas, mentres, descenderán lixeiramente. Estarán entre os 19 de Lugo e Santiago e os 24 de Ourense.
Ferrol 9° 20°
Lugo 5° 19°
Ourense 10° 24°
Pontevedra 9° 20°
Santiago 8° 19°
Vigo 10° 20°
Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no litoral e máis frouxos no interior.