A chuvia queda en Galicia

O vento no mar pon en alerta o litoral da Mariña e A Coruña
METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia continúa este mércores baixo a influencia das borrascas atlánticas, que enviarán unha fronte ao final do día. Así é que, tras unha mañá con nubes, a partir do mediodía volverán as chuvias, que entrarán polo oeste e iranse estendendo a toda a comunidade.

As previsións de Meteogalicia apuntan tamén a que as temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro descenso, con xeadas en puntos do interior, e a que as máximas experimentarán un moderado ascenso. 

Cidade Mínima Máxima
A Coruña 8°  15°
Ferrol 14° 
Lugo 12°
Ourense 17°  
Pontevedra 16°
Santiago 15°
Vigo 15°

O vento, mentres, soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no norte. De feito, Meteogalicia sitúa en alerta amarela o litoral de Lugo e A Coruña, por vento do suroeste de forza sete. O aviso actívase ás seis da tarde.