sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Ceos pouco nubrados con temperaturas máximas en ascenso o martes en Galicia

Mapa de la previsión del tiempo para este martes en Galicia (METEOGALICIA)
Mapa de la previsión del tiempo para este martes en Galicia (METEOGALICIA)

Galicia estará este martes entre as altas e as baixas presións, o que deixará ceos pouco nubrados ou despexados, excepto no litoral da Coruña, onde predominarán as nubes sobre os claros, segundo a predición de Meteogalicia.

Pola tarde crecerá a nebulosidade de evolución nas zonas altas de Lugo e Ourense, coa posibilidade dalgún chuvasco de carácter tormentoso.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso nas Rías Baixas.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o martes en Galicia:
A Coruña 14° 21°
Ferrol 13° 23°
Lugo 11° 27°
Ourense 14° 32°
Pontevedra 16° 28°
Santiago 13° 24°
Vigo 14° 26°.

Ceos pouco nubrados con temperaturas máximas en ascenso o martes en...
comentarios