Con sustancia

Ingredientes

  • Un quilo de salmón de Pescanova.
  • 200 ml. de aceite.
  • Unha bandexa de allos tenros.
  • Unha cebola.
  • Dúas cenorias.
  • 500 gramos de brócoli.
  • 200 ml. de caldo de peixe.
  • 100 gr. de fariña.
  • 500 ml. de viño albariño.

Elaboración

Para a salsa escálfase o brócoli durante 5 minutos. Noutro recipiente engádese aceite, allos tenros, cebola e zanahoria picada. A continuación refógase todo durante 10 minutos a lume lento, engádese o viño e redúcese a salsa, agregando un pouco de caldo de peixe, sal e brócoli. Finalmente, tritúrase a salsa en quente. Córtase o salmón de Pescanova en dados e móntase a brocheta, intercalando entre anaco e anaco unha gamba e unha lámina de xamón. Salpeméntanse e enfaríñanse as brochetas e frítense.

Para rematar, cóbrense de salsa e enfórnanse seis minutos a 200ºC. Sérvense acompañadas de puré de cabaza.

Comentarios