Convenio pola sustentabilidade do agro galego

Momento de la firma del convenio (Foto: AGN)
photo_camera Momento de la firma del convenio (Foto: AGN)

A Consellería do Medio Rural da Xunta subscribiu un convenio de colaboración coa Sociedade Cooperativa galega Verín- Biocoop para fomentar unha agricultura máis respectuosa co medio e promover a comercialización de produtos cárnicos e agrícolas sans e de calidade.

Trátase de fomentar, por parte de Verín-Biocoop, a través da súa experiencia pioneira, unha agricultura máis respectuosa ambientalmente,  co emprego de métodos e modelos de manexo agrario sostibles.

As accións a desenvolver, baixo a supervisión da Consellería, inciden no apoio á conservación da biodiversidade; no fomento de métodos de produción compatibles coa protección da contorna e na promoción da comercialización de carne de vacún para aproveitamento alimentario e control da biomasa forestal, cara á produción ecolóxica e a protección do medio, entre outros.

Produción ecolóxica
Neste sentido, a Consellería destaca o traballo que vén realizando Biocoop na creación de ganderías de produción ecolóxica que permiten manter o territorio limpo e libre de lumes, fomentando o respecto de por o medio ambiente, ofrecendo produtos de máxima calidade e xerando na gandeiro autoestima e satisfacción pola actividade que desempeña.

Co convenio, que conta cun orzamento de 220.000 euros, reforzarase a potenciación do modelo de produción ecolóxica, que, tal e como recorda o Departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal, foi tradicional en Galicia ata mediados do século pasado.

Comentarios