jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

Achan na súa vivenda de Panamá a un ourensán morto e amordazado

El octogenario ourensano apareció muerto en su casa de Chitré (Panamá)
El octogenario ourensano apareció muerto en su casa de Chitré (Panamá)
Obdulio Vázquez, de 84 anos, levaba uns 60 no país centroamericano e dedicábase ao negocio dos mobles

Un emigrante ourensán de 84 anos foi achado morto e amordazado na súa casa situada en Chitré, na provincia panameña de Herrera, segundo publican edicións dixitais de medios de Panamá recollidos por Europa Press.

Segundo relatan medios como El Siglo, o corpo de Obdulio Vázquez estaba boca abaixo nun dos cuartos da vivenda e foi atopado, aproximadamente, ás 13.00 horas do mércores por un traballador da compañía do irmán da vítima.

Ademais, concreta que o empresario estaba amordazado, amarrado con tiras no pescozo e os pés e a súa habitación estaba desordenada, polo que se sospeita que o móbil do crime sexa o roubo.

O falecido, Obdulio Vázquez, procedente do municipio ourensán de Boborás e que emigrara fai uns 60 anos, dedicábase á venda de mobles.  O dixital Crónica publica que a fiscal superior da rexión, Enereida Varría, informou que a vítima morreu de forma violenta, polo que o caso investígase como un homicidio agravado.

Achan na súa vivenda de Panamá a un ourensán morto e amordazado
comentarios