Achan degolado en Ordes a un mozo de nacionalidade dominicana

O corpo da vítima mortal, nacida en 1991, foi descuberto na madrugada deste domingo na rúa Compostela

O corpo dun mozo de nacionalidade dominicana e nacido en 1991 foi achado sen vida e con feridas de arma branca no pescozo na localidade coruñesa de Ordes.

Segundo informaron fontes da Garda Civil, os feitos ocorreron durante a madrugada deste domingo na rúa Compostela, unha vía próxima á zona de locais de lecer do Campo da Feira.

Ao lugar acudiu a Policía Local e a Policía Xudicial da Garda Civil, corpo que iniciou unha investigación para aclarar o sucedido.

Polo momento non se practicaron detencións relacionadas cos feitos.

Comentarios