A Consellería de Medio Rural empezará este luns a facer efectivas as indemnizacións pola retirada da pataca nas zonas afectadas pola praga da polilla guatemalteca. Está previsto que se abonen a 374 agricultores –241 deles de Lugo–, cuxos expedientes xa foron revisados.
Nesta primeira partida, a Xunta repartirá os 250.000 euros da axuda entre os 31 concellos afectados, 18 da provincia de Lugo e 13 da Coruña.
A indemnización será de 70 céntimos por quilo para as patacas de sementa e de 30 para as de autoconsumo. Aos agricultores das zonas afectadas, que tiveron que arrincar os tubérculos, abonaránselles 40 céntimos por metro cadrado de superficie plantada.
As axudas pola praga da pataca empezarán a pagarse a partir deste luns
A Xunta repartirá os 250.000 euros da axuda entre máis de 350 agricultores, 241 deles da provincia de Lugo