Croft Pink, o primeiro Porto rosado preséntase en Galicia

As adegas Croft presentaron en Galicia o que denominan como "o primeiro viño rosado do Porto", o Croft Pink, un caldo novo que, aínda sen poder catalogarse ao nivel doutros Portos de primeiro nivel, presenta unha gran variedade de posibilidades, sobre todo, para confeccionar diferentes cócteles.

Con preto de catro séculos de existencia, as adegas Croft, cuxas instalacións se poden visitar en Gaia todos os días do ano, confeccionaron un viño "máis novo e innovador", distinto aos demais Portos e cunha gradación de 19,5º.

Desde a adega instaron os galegos a visitar as súas instalacións, en Vilanova de Gaia na desembocadura do Douro. O seu obxectivo, recordaron, é "converter a cada visitante nun embaixador".

Comentarios