Catro persoas resultaron feridas en sendas colisións en Vimianzo e Oroso

Ambos os choques producíronse este sábado pola mañá

Catro persoas resultaron feridas este sábado en sendas choques entre vehículos nos municipios coruñeses de Vimianzo e Oroso, informa o 112.

O sinistro de Vimianzo, con tres feridos, produciuse na estrada AC-552 no cruzamento de Berdoias minutos antes das 11.30 horas, cando chocaron dous turismos.

En Oroso o impacto entre dous coches tivo lugar ás 11.00 horas en Sigüeiro, á altura do número vinte e nove da avenida de Grabanxa, cun único ferido.

Comentarios