De mar

Ingredientes

  • 120 gramos de claras de ovo.
  • 110 gramos de zume de limón.
  • 60 mililitros de xenebra.
  • 120 gramos de almíbar (60 auga-60 azucre).
  • 500 gramos de berberecho de calibre groso.
  • Espuma quente de gin tónic.

Elaboración

Mestúranse todos os ingredientes e bátense enerxicamente para romper ben as claras. A continuación, introdúcese a mestura nun sifón preparado para resistir a calor e déixase repousar. Pasadas dúas horas, ponse o sifón ao baño maría a uns 50-60 graos e axítase enerxicamente cada pouco para que se tempere ben a mestura.

Ábrense os berberechos ao vapor, con moito coidado, e resérvanse na auga resultante. Para presentalo, disponse no fondo da copa cinco ou seis berberechos e bótase auga de cocción sen cubrilos. Enriba dos berberechos móntase a espuma e a súa auga. Finalmente, adórnase con algunha herba fresca.

Comentarios