De paellas

Os cogomelos son un dos alimentos máis exquisitos e valorados na gastronomía.

Ingredientes

  • 350 gramos de arroz.
  • Dez gramos de manteiga.
  • 400 gramos de cogomelos variados.
  • Oito rodajas de foie cru.
  • 150 gramos de nata.
  • Unha cebola.
  • Caldo de pito (o dobre que de arroz).

Elaboración

Nunha paelleira grande refógase a cebola picada fina coa manteiga. A continuación engádense os cogomelos (se son grandes trocéanse) e frítense. Mestúrase todo, ata que solte ben a auga. Acto seguido engádese o arroz, remóvese, agrégase o caldo de pito e déixase cocer 20 minutos. Cando lle falten cinco minutos engádese a nata.

O foie prepárase á prancha ou en tixola, volta e volta, colócase enriba do arroz e empóase con perexil. Sérvese na mesma paellera.

Comentarios