O independentismo, dividido: JxCat e CUP lamentan o adiamento do pleno

Puigdemont, tras su reunión con el presidente del Parlament, Roger Torrent, en Bruselas. STEPHANIE LECOCQ (EFE)
photo_camera Puigdemont, tras su reunión con el presidente del Parlament, Roger Torrent, en Bruselas. STEPHANIE LECOCQ (EFE)

A decisión do presidente do Parlament, Roger Torrent, de pospor o pleno de investidura causou malestar en Junts per Catalunya (JxCat), que considera que se dan as "condicións políticas" para celebrar a sesión este martes mesmo e critica que non o consultou cos grupos.

Fontes de JxCat censuraron así a decisión de Torrent, que anunciou que o pleno previsto para as 15.00 horas queda aprazado ata que o Tribunal Constitucional (TC) resolva as súas alegacións contra a decisión de vetar unha investidura a distancia de Carles Puigdemont, a quen mantén como candidato, algo que o primeiro grupo independentista si que valorou positivamente.


JxCat anunciou á primeira hora da mañá que había un acordo coas forzas soberanistas para celebrar a sesión de investidura de hoxe, ante o silencio de ERC, pero acto seguido escoitou por boca de Torrent que o pleno quedaba aprazado, aínda que non suspendido.


Neste contexto, fontes do primeiro grupo independentista do Parlament discreparon con Roger Torrent, de ERC, ao considerar que si se dan "as circunstancias políticas" para celebrar o pleno hoxe mesmo, como estaba previsto.

INDIGNACIÓN NAS REDES. A decisión de Torrent axitou así mesmo as redes sociais, onde algúns deputados de JxCat explicitaron o seu malestar. É o caso de Quim Torra, que nunha primeira mensaxe preguntou: "Pero por que se suspende o pleno? Estamos convocados"; máis tarde, facéndose eco dunha noticia que sinalaba que o Goberno e o PSC aplauden o adiamento, comentou: "Isto era o que NUNCA nos podía pasar hoxe".

A tamén deputada de JxCat Aurora Madaula comentou un tuit que aplaudía a decisión de Torrent: "Moi ben? MOI BEN???????? De verdade???????", escribiu, xunto a un emoticono para expresar enfado.

A CUP QUÉIXASE. O portavoz da CUP no Parlament, Carles Riera, pediu que o pleno de investidura non se aprace, como así decidiu xa o presidente do Parlament, Roger Torrent, e reclamou que se manteña a convocatoria "por lealdade ao resultado do 21-D".

Riera situouse en contra do adiamento do pleno de investidura, ata que o Tribunal Constitucional non resolva as alegacións, a través dunha entrada no seu perfil de Twitter. Segundo indica o portavoz da CUP no Parlament, "por lealdade ao resultado do 21-D fai falta que o pleno sexa convocado para hoxe" e engade: "ningunha concesión ao Estado. a democracia non se apraza".
 

Comentarios