Dúas persoas foron rescatadas polos socorristas en Ferrol

Atopábanse a 500 metros da costa e xa están en bo estado de saúde

Os socorristas da praia de San Jorge, en Ferrol, rescataron na tarde deste domingo a un home e a unha muller que non conseguían saír da auga. Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 16:15 horas. Relataba que as dúas persoas atopábanse a 500 metros da costa.

Enseguida, desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informábase a Salvamento Marítimo, á Policía Nacional e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home e a muller atópanse ben.

Comentarios