O albariño Paco & Lola, premiado en EE.UU. polo seu deseño

INTERIOR_paco_lola.jpg.JPG
photo_camera INTERIOR_paco_lola.jpg.JPG

O albariño galego Paco & Lola foi premiado en Estados Unidos  polo seu deseño.

O concurso Packaging Design 2008, celebrado dentro de Los Ángeles International Wine & Spirits Competition, nesta cidade norteamericana, outorgoulle a medalla de prata, dentro da categoría ‘deseño contemporáneo'.
 
Trátase do único viño español, xunto con Sexto do D.O. Terra Alta, galardoado cun premio polo seu deseño neste concurso internacional.
 
Desde a súa saída ao mercado Paco & Lola conquistou, non só co seu sabor senón tamén coa súa imaxe, aos consumidores e afeccionados ao viño de EE.UU. O seu deseño convérteo no Albariño máis estiloso, cun look moderno, fresco, atrevido, transgresor e minimalista.
 
Pero Paco & Lola non foi recoñecido unicamente pola súa rechamante imaxe na meca do cine. Este concurso tamén lle outorgou unha medalla de bronce á calidade do viño, do mesmo xeito que sucedese na edición do ano pasado.
 
Con estes dous novos premios Paco & Lola atesoura xa unha enorme colección de galardóns, a maioría outorgados por concursos en EE.UU. onde non para de cultivar éxitos:
 

  • Medalla de Ouro, Critics Challenge International Wine Competition 2008 (California)
  • Medalla de Prata, Packaging Design 2008 (Los Ángeles)
  • Medalla de Prata, Tasters Guild International 2008
  • Medalla de Prata, Finger Lakes International Wine Competition 2008 (Nova York)
  • Medalla de Bronce, Riverside International Wine Competition 2008 (California)
  • Medalla de Bronce, Los Ángeles International Wine & Spirits Competition 2008
  • Medalla de Ouro, Critics Challenge International Wine Competition 2007 (California)
  • Medalla de Prata, Tasters Guild International 2007
  • Medalla de Bronce, Los Ángeles International Wine & Spirits Competition 2008

Comentarios