O albariño Terra D'ouro obtén unha medalla de ouro en Bordeus

O albariño Terra D'ouro obtivo unha medalla de ouro no concurso Challenge Internationale du Vin, de Bordeus, informou a adega Pazo de Villarei.

Preto de 1.000 degustadores internacionais participaron na cata cega, celebrada na localidade bordelesa de Borg sobre máis de 5.600 viños.

O xurado outorgou 180 medallas a viños españois, dos que o único galego con distinción de ouro é o citado albariño, responsabilidade do equipo do enólogo Guillermo Alvarado.

Comentarios