O cociñeiro madrileño Mario Sandoval, Premio Nacional de Gastronomía 2013

O cociñeiro madrileño Mario Sandoval, á fronte do restaurante Coque (Humanes, Madrid) alzouse co premio ao Mellor Xefe de Cociña 2013 que outorga anualmente a Academia Nacional de Gastronomía.

Sandoval (Madrid, 1977), que competía nesta categoría co chef vasco Eneko Atxa, do restaurante Azurmendi (Larrabetzu, Biscaia) e o alacantino Kiko Moya, do L'Escaleta (Concentaina, Alacante) conseguiu este galardón logo de quedar ás portas o ano pasado xa que, aínda que estaba nomeado, finalmente recaeu no gaditano Ángel León.

O restaurante Coque, con máis de 60 anos de historia desde que o fundasen os pais dos irmáns Sandoval (Mario, Rafael e Diego), conta con tres soles na Guía Repsol 2014 e unha estrela Michelín na Guía Vermella Michelín de España e Portugal.

Comentarios