Uns metros de ''boa vida'' para terminar o día rodeado de atencións

boa1.jpg
photo_camera boa1.jpg

A coctelería "La  Buena Vida" é o resultado dunha procura de Marcos Rodríguez Vázquez, empeñado, segundo explicou a GG, en ofrecer en Lugo "algo que faltaba", e encher "un oco sen cubrir con espazo para copas elaboradas para un público de mediana idade", agregou.

Nada que ver coa película que David Trueba dirixiu en 1997 co mesmo título, nin coa chilena premiada no festival de cine Iberoamericano de Huelva en 2008, nin co grupo musical vasco que se chama igual. A coctelería é un ámbito que podería facilmente asociarse coa "boa vida" pero non foi así ata que Marcos decidiu abrila en Lugo , en marzo de 2010.

Antes de hostaleiro, bailarín

Rodríguez Vázquez ten unha experiencia de 12 anos no ámbito da hostalería onde comezou con 17 como camareiro, "pica-discos" e comercial por toda España dunha casa de bebidas.

Dese periplo obtivo coñecemento das cousas boas "e tamén dos erros que se cometen no sector hostaleiro" e decidiu importar a Galicia as boas: unha forma de traballar moi coidada e unha atención persoal para que o cliente se senta como en casa sexa home, muller, nova ou maior, segundo explicou.

A imaxe do local "Labuena vida" é unha silueta multiforme que evoca imaxes do ballet e Rodríguez deseñouna con esa intención pois antes que hostaleiro foi bailarín do grupo "Rei de viana" -creado en Ourense en 1949 e desaparecido no ano 2005- durante cinco anos e aínda sente "o gusaniño" da danza, que aparcou para consolidar a súa profesión hostaleira, na que incorporou a súa formación estética, visible no último local aberto por él.

Doces, gominolas, cócteles e música entre sofás e papeis pintados

A coctelería ocupa unha entreplanta e terraza aberta á avenida Fontiñas de Lugo e conta con 30 mesas para unha clientela de idade superior a 30 anos con certo poder adquisitivo "e ganas de gozar un paréntese no trafego diario e de entrar sen tensións en cada luns".

Para iso, o local ofrece ás 22:30 de cada domingo actuacións e concertos variados, desde o jazz que ocupou parte do mes de otubre, ata a música electrónica en directo prevista para o día 12 de dieciembre, a cargo dun dúo lucense.

O programa de novembro incluirá para o domingo 28 a actuación do cantautor brasileiro que xa ten dous discos e está fincado en Galicia, Gustavo Almeida, a música electrónica en vivo para o 12 de decembro e para o día 19 o "showman" de Albacete, especialista en versións de temas musicais dos anos 80, Nacho González.

Doces de chocolate e leite condensada, tapitas de "tentempé", gominolas e unha carta de 7 cócteles con alcol, outros 7 sen alcol e 23 xenebras para variar cada semana a composición do "gintonic", son a base dun local no que cada visitante recibe unha atención personalizada desde que cruza calquera das dúas portas de entrada.

Comentarios