O pemento de Herbón, máis preto de ser produto de orixe protexida na UE

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a solicitude de rexistro da Denominación de Orixe Protexida do pemento de Herbón, abríndose así o prazo legal de seis meses para posibles alegacións de oposición e aproximando máis este produto ao seu recoñecemento de calidade definitivo no ámbito europeo.

Trátase dun trámite preceptivo que teñen que seguir todos os produtos de calidade antes da súa certificación definitiva no ámbito comunitario. A publicación fíxose efectiva o pasado día 18 de decembro, polo que haberá que esperar o referido prazo para que a protección e o recoñecemento do pemento de Herbón sexa plena --desde o punto de vista normativo-- no conxunto da Unión Europea. O pemento de Herbón goza xa de amparo no ámbito galego e estatal.

Na presentación do Consello Regulador deste produto, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, cualificara como ''indiscutible'' o feito de que os pementos de Herbón constitúen ''unha das grandes referencias da nosa cociña, e polo tanto da nosa cultura, dentro e fóra das fronteiras de Galicia''.

Comentarios