O viño D. Ou. xera en Galicia máis de 136 millóns de euros

Os viños con Denominación de Orixe xeran en Galicia máis de 136 millóns de euros, segundo fontes consultadas polo 13º salón de alimentación do Atlántico, Salimat 2009, que se celebra desde hoxe ata o domingo no recinto Feira Internacional de Galicia.

Esta cifra, corresponde ás cinco Denominacionesd de Orixe galegas (Ribeira Sacra, Rías Baixas, Monterrei, Ribeiro e Valdeorras), son o resultado da elaboración de 32 millóns de litros de viño elaborado polas adegas inscritas e certificado polos seus Consellos Reguladores).

Rías Baixas é a Denominación na que se xera maior negocio, con máis de 15 millóns de litros amparados e case 75 millóns de euros. Séguenlle o Ribeiro con máis de 9 millóns de litros e 28 millóns de euros e Valdeorras con máis de 3 millóns de litros e 15 millóns de euros. No cuarto posto estaría Ribeira Sacra con 3 millóns de litros e máis de 14 millóns de euros. Para rematar Monterrei con 814.000 litros e 3,5 millóns de euros

Viños en Salimat

Nesta edición conta cunha nutrida representación de adegas de varias das Denominacións de Orixe galegas, que mostran na feira os seus novos produtos.

Tamén están presentes outras adegas non protexidas por denominacións, pero que tamén presentan as súas novidades, como unha industria ourensá que mostra un viño tinto desalcoholizado en Alinova, o espazo da feira dedicado á presentación dos produtos alimentarios lanzados ao mercado o último ano.

Comentarios