Empeza a XLIX Festa do Polbo no Carballiño

O polbo á 'feira' será o reclamo principal nesta festa de orixe gastronómica que ten lugar no municipio ourensán do Carballiño, aínda que tamén se poderán degustar outros pratos típicos da rexión como o pan de Cea, a carne 'ao caldeiro', as rosquillas ou os melindres. Os asistentes poderán gozar destas xornadas gastronómicas entre os días 10 e 14 de Agosto.

A festa arrinca o mércores 10 de agosto e contará con actuacións musicais e un desfile de distintos grupos folclóricos, aínda que será na xornada do domingo 14 cando terá lugar a Comida Popular, co polbo como principal protagonista.

Comentarios