Conserveira de algas mariñas e dúas empresas de castañas, premiadas pola súa excelencia

Once empresas galegas e portuguesas reciben senllos premios pola súa innovación, internacionalización, compromiso ambiental, dinamización do medio rural, prevención de riscos ou pola súa recente creación.

CASTAÑAS E ALGAS CON PREMIO

Unha das empresas alimentarias seleccionadas na quinta edición foi "Porto-Muiños" de Cambre (A Coruña), creada en 1998 e pioneira en España no cultivo e transformación das algas mariñas en 20 variantes distintas destinadas á alimentación.

A fundación CEO premia o seu carácter "Innovador" que segue presente coa posta en marcha dunha "aula de cociña" que é desde xaneiro de 2009 un espazo de docencia e investigación, e coa súa fabricación de pastas italianas con fariña de algas ou de té con algas.

Un dos premios de Internacionalización "" recollerao a empresa "Marrón Glacé, José Pousada" instalada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense, onde elabora desde 1991 "marrón glacé" e outros produtos con castañas, aos que se engaden agora os grelos, os cogomelos e os helechos.

Os produtos de José Pousada elabóranse a partir de colleitas da provincia de Ourense e desde ela chegan ata países africanos, asiáticos, Australia e toda Europa, e no caso de Rusia, conta cunha filiar que vende castañas asadas en carriños situados en zonas emblemáticas de Moscova, como a Praza Vermella.

As castañas e a súa comercialización peladas e conxeladas propician tamén un premio de Internacionalización "" para a empresa "Alibós Galicia" de Monterroso (Lugo) que conta co túnel de conxelación máis grande do mundo con 31,5 metros.

A empresa lucense exporta o 84 por cento da súa produción e as súas castañas teñen certificacións internacionais de produto orgánico como o do ministrerio de Agricultura de Estados Unidos e de produto ecolóxico de Galicia.

ALIMENTOS TECNOLÓGICOS

Un dos premios transfronteirizos destinados a Novos "emprendedores" será recollido pola empresa "Nutriup", creada en 2007 para investigas e desenvolver de forma industrial e tecnolóxica unha alimentación específica para pacientes de enfermidades concretas como as destinadas a anciáns con Alzehimer, Parkinson ou Demencia e a nenos con Síndrome de Down.

A empresa "Nutriup" ten actualmente outras tres liñas de investigación abertas orientadas á alimentación de pacientes oncolóxicos tras un tratamento quimio ou radioterápico, aos afectados por depresións e trastornos do soño e unha terceira para detectar mediante técnicas non invasivas, a Síndrome de Down, como alternativa á amniocentesis.

OUTROS PREMIOS

Ademais das catro empresas relacionadas coa alimentación humana, outras premiadas son "Helder Gonçalves" de Vila Real (Portugal) que fabrica esterilizadores para hospitais, "Marine Instruments" de Nigrán (Pontevedra) que fabrica produtos específicos para a investigación nos océanos, salvamento e para compañías petrolíferas.

Entre os seus produtos innovadores atópase unha aboia específica para os atuneros, un sistema avanzado de pesca intelixente, un sistema portátil de comunicación persoal vía satélite ou unha radiobaliza que se lanza desde un avión para localizar e seguir náufragos e manhas contaminantes.

Tamén recollerá o seu premio a empresa construtora "Carlos José Fernández" situada en Caminha (Portugal), a elétrica "Técnicas Eléctrica e Desenvolvemento Integral, Teydi" de Monforte de Lemos (Lugo), a aldea rural "Couso-Galán" de Sarreaus (Ourense), a siderometalúrgica "Gabadi" de Narón (A Coruña) e a empresa de servizos "Esboços e riscos" de Vila Real (Portugal).

Comentarios