Extinguen un lume nun serradoiro da Coruña

Os Bombeiros tamén tiveron que actuar en Vigo, onde un coche foi totalmente calcinado polas chamas

Os bombeiros da Coruña extinguiron este xoves un pequeno incendio declarado nun serradoiro situado no polígono de Pocomaco da cidade, informa o 112.

O lume iniciouse ás 7,00 horas da mañá preto dunha cinta transportadora e quedou totalmente extinguido sen que ningún outro obxecto resultase afectado.

No dispositivo participaron, ademais dos bombeiros, a Policía Local e membros de Protección Civil da Coruña.

Alertouse do incendio, ademais, a Urxencias Sanitarias, por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención, e tamén ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

VIGO. Noutra orde de cousas, os bombeiros de Vigo apagaron un lume que calcinou un coche na súa totalidade e afectou a outro situado nas inmediacións, engaden as mesmas fontes.

Os feitos tiveron lugar sobre as 23.15 horas do mércores na rúa Rosalía de Castro, ata onde se desprazaron os bombeiros, a Policía Local e Protección Civil.

Comentarios