Ferido un motorista en Viana do Bolo tras sufrir unha caída

O sinistro tivo lugar ao redor das 14,00 horas da tarde do sábado

Un motorista resultou ferido logo de sufir unha caída mentres circulaba polo termo municipal de Viana do Bolo (Ourense), segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar ao redor das 14,00 horas da tarde do sábado no quilómetro 16 da estrada N-533.

Un particular deu aviso á central de urxencias do 112 Galicia, que puxo o caso en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, o GES da Gudiña, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios