Fernando Blanco augura un ''brillante futuro'' para o sector na Gala do Turismo e a Gastronomía

Asistentes a la Gala del Turismo y la Gastronomía (Foto: Rafa Fariña)
photo_camera Asistentes a la Gala del Turismo y la Gastronomía (Foto: Rafa Fariña)

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, augurou a noite do mércores un ''brillante futuro'' para o sector turístido na Gala do Turismo e da Gastronomía de Galicia, Premios Ht&g-Agaxe, celebrada na cidade de Pontevedra.

Ao acto acudiron tamén os conseleiros de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, Pesca, Carmen Gallego, e Vivenda e Solo, Teresa Taboas, así como o director de Turismo, Rubén Lois.

Durante a súa intervención, o titular de Innovación e Industria sinalou que os nomeados a estes premios reúnen méritos suficientes para acceder aos galardóns, os cales dixo que serven para distinguir o esforzo e o bo facer das distintas acividades que integran o sector.

Como mostra da actual importancia do turismo galego, referiu o conselleiro que o sector representa un 11% do Produto Interior Bruto, mentres que xera un 10% do emprego, o que supón, en termos absolutos, uns 110.000 postos de traballo.

Premios

Ao longo da gala fíxose entrega dos premios. Dous eran previamente coñecidos, os destinados a unha traxectoria especialmentemente valorada pola revista HT&G, que foi concedido ao grupo O Progreso, e que recolleu o seu director de comunicación, José Manuel Pérez-Bouzada.

O galardón foi entregado con motivo do centenario do progreso e como recoñecemento á atención prestada ao sector turístico, coa posta en marcha do portal Galiciagastronómica.

A asociación Eurotoques recibiu o outro galardón, esta vez no terreo internacional.

Os demais galardóns
O premio HG&T-Agaxet ás empresas de equipamentos e subministracións correspondeulle ex-aequo a Rosareiro e José María Muñoz García Girbau; o prato do ano foi para 'risotto de lamprea', de Chef Rise; no labor de divulgación fíxose acredor ao primeiro premio Canle Destino Galicia, mentres que o de oferta turística complementaria foi para Aquavisión e para a Confraría Mar de Lira.

No labor de promoción recibiu o 'Dagda', no sector privado, Gadisa, pola súa campaña 'vivamos como galegos', mentres que o do público foi para a Diputacion da Coruña.

En aloxamento e restauración os gañadores foron o Cámping Rural Ría de Arousa e o Restaurante Nito-Hotel Ego. A empresa e/ou profesional o ano gañador foi José Antonio Castro de Hoteis Esperia, mentres que o de produto recaeu en Vos tintos galegos 'Parker' de Raúl Pérez e as súas Adegas Berce. Para rematar, o premio en formación en innovación e desenvolvemento correspondeulle a Adegas Terras Gauda (sector privado) e Agader (sector público).

Comentarios