Hierro: "Isto é un Mundial, Irán non nos sorprendeu"

Queiroz cre que a arbitraxe está "de lado de España"

Fernado Hierro. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)
photo_camera Fernado Hierro. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)

Fernando Hierro, seleccionador nacional español, afirmou este mércores ao termo do partido fronte a Irán, que "ésto é un Mundial, a igualdade é máxima, ninguén gana fácil e Irán non nos sorprendeu".

"O partido foi difícil, comezamos ben pero con tanta falta no campo, era difícil coller o ritmo. Tras o descanso, xogamos 20 minutos bos e sabiamos que o 1-0 era curto, pero enfronte tivemos un rival sólido, esperabamos algo así. eles teñen un gran adestrador —Carlos Queiroz— e voume satisfeito polo esforzo dos meus xogadores. É para estar orgulloso do traballo que fixeron", indicou Hierro en Telecinco. 

QUEIROZ: "SEN O VAR TERIAMOS UN PUNTO MÁIS". O seleccionador de Irán eloxiou a imaxe deixada polos seus xogadores ante España e a pesar de que se mostrou a favor do uso do VAR, asegurou que sen el terían "un puntiño máis" porque o colexiado non lles anulou o tanto do empate.

"O VAR para min vai un pouco tarde e é unha pena que non chegue en Sudáfrica para anular o gol de Villa ante Portugal. Está de lado de España. Cando marca en fóra de xogo non hai VAR e se o facemos nós si o hai", asegurou en rolda de prensa.

"É unha pena pero é xusto, chanceo coa situación aínda que é verdade que en Sudáfrica foi fose de xogo pero foron xustos campións. Se se instalou máis tarde teriamos un puntiño máis. é bo para a credibilidade do fútbol. A honestidade dos iranianos merecía máis neste partido pero así é o fútbol", engadiu.

O seleccionador de Irán asegurou que os seus xogadores foron xustos merecedores dun resultado mellor. "Felicítoos pola súa bonita loita e o espírito mostrado ante un dos candidatos a gañar este Mundial. Demostramos que estamos dispostos a sufrir e competir, a aproveitar a oportunidade que teñamos para gañar".

Comentarios