Festa do Pan do Salnés

O sábado dará comezo a X Festa do Pan da comarca do Salnés. Ao redor deste alimento, capital na gastronomía galega, levaránse a cabo unha serie de actividades ligadas á elaboración do pan, concursos e degustacións.

A festa principiará ás 17 horas coa décima edición do Concurso de Sobremesas Caseiras e a terceira do Concurso de Empanadas de Millo. ás 20.30 horas sairase cara aos Muíños de Batán para moer o millo e a continuación amasar o pan. Durante toda a xornada poderanse catar as sobremesas que se presentaron ao concurso e, tras a entrega de premios, celebrarase unha cea.

Comentarios