Festa da Troita de Ponte Caldelas

A degustación da troita, nunha carpa especialmente habilitada para a ocasión, é o principal atractivo desta festa, organizada polo Concello.

Nas últimas edicións, o número de persoas participantes xira ao redor das cinco mil, e prepáranse máis de 700 quilos de peixe.

A celebración está recoñecida como festa de Interese Turístico.

Comentarios