Festa das Peras de Pontedeume

Desde o mércores 7 de setembro ata o domingo 11 terá lugar en Pontedeume a Festa das Peras, que se celebra anualmente.

O primeiro dos días farán a súa aparición os Mómaros, xigantes de cartón pedra que percorrerán as rúas do pobo, seguidos de música e gaitas e lerase o pregón pola tarde. Haberá verbena nocturna.

O xoves, que é xornada festiva local, haberá misa solemne pola mañá, que finalizará cos actos populares da cucaña marítima e queima do galán. A verbena correrá a cargo da orquestra París de NoiaO venres terá lugar un Concurso de Froitas na alameda de Raxoi e así mesmo habra verbena nocturna e espectáculos.

O sábado, despois de varios actos relixiosos tradicionais, efectuarase un combate naval no Porto, que estará seguido pola verbena dese día. Pola súa banda, na última xornada de festas farase a popular subida ou Gria ao río Eume, que estará seguido, unha vez na Xunqueira, dunha enchenta amenizada por gaiteiros. Pecha as festas a sesión de verbena a cargo de Alarma.




Comentarios