jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

Festa do Cocido do Porco Celta

A cuarta Festa do Cocido do Porco Celta celebrarase o domingo 5 de febreiro no pavillón dos institutos de Sarria.

Para acudir ao evento, organizado pola Asociación de Hostalería e Turismo da comarca, os asistentes terán que facer unha reserva chamando aos seguintes teléfonos: 982 532211 ou 982 530005.

Unha vez alí, os comensais estarán distribuídos en mesas de trece persoas. Os asistentes poderán degustar desde sopa de cocido, pasando por lacón, chourizo, garavanzos ou grelos ata doces. O prezo será de 450 euros por mesa.

Para aqueles interesados en acudir á cita pero que non fixeran a reserva poderán probar este prato típico nos diferentes restaurantes da zona. É o caso do Hotel Carrís Afonso IX, do Hotel Roma, da Cafeteria Santiago en Sarria, do Hotel A Veiga e do Mesón A Pontenova de Samos.

Festa do Cocido do Porco Celta
comentarios