Festa do Marisco do Grove

Multitude de amantes da gastronomía galega reuniranse desde o sábado 24 de setembro e ata o 16 de Outubro na localidade pontevedresa do Grove. No evento ofreceranse toda clase de mariscos preparados de moi distintos xeitos.

Ademais da cita gastronómica terá lugar a inauguración da 1ª Bienal do Simposio de Escultura e haberá tamén xogos populares nos que poderán participar todos os asistentes que se animen, aínda que están especialemente pensados para os máis pequenos.

Os prezos fixados para as distintas tapas están comprendidos entre os 3 euros (paté de mexillón) ata os 20 euros (empanada de polbo). Aínda que haberá racións de ameixas polo módico prezo de 7 euros.

Comentarios