Festa do Marisco en Vigo

A cita gastronómica Vigomar terá lugar no porto pesqueiro do Berbés durante os días 8, 9,10 e 11. Nesta novena edición, do mesmo xeito que nas anteriores, os asistentes poderán degustar diferentes variedades  de especies mariñas, preparadas de diferentes formas e alcanzables a todos os públicos e petos.

Así, os prezos oscilarán entre os 3 e 20 euros aproximadamente, por cada ración, dependendo do produto a degustar. 

Á parte de probar este prato típico, os asistentes podrár participar no concurso de pintura e no de nós mariñeiros, así como tamén, acudir a unha exposición de embarcacións tradicionais. 


Comentarios