sábado. 18.01.2020 |
El tiempo
sábado. 18.01.2020
El tiempo

A fin de semana comezará con ceos cubertos e choiva

O tempo previsto para este venres. METEOGALICIA
O tempo previsto para este venres. METEOGALICIA

Este venres Galicia quedará nun réxime de ventos do oeste que traerán moita humidade. 

Así, espérase unha xornada de ceos cubertos, con choivas probables en calquera punto, máis persistentes na franxa atlántica e máis ocasionais nas provincias de Lugo e Ourense. 

As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 

O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes no terzo norte. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 14º/15º; Ferrol 13º/14º; Lugo 10º/13º; Ourense 13º/14º; Pontevedra 12º/14º; Santiago 11º/13º; Vigo 12º/14º. 

A fin de semana comezará con ceos cubertos e choiva
Comentarios