Unha fronte chega a Galicia

Este martes a situación meteorolóxica en Galicia quedará marcada polo achegamento dunha fronte con pouca actividade asociado a unha baixa localizada ao sur de Islandia. Así, espérase unha mañá con néboas e ceo parcialmente nubrado na metade oeste. 

Pola tarde aumentarán as nubes e chegarán as choivas polo oeste que se irán estendendo cara ao leste, segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente. 

O vento soprará frouxo do suroeste con algún intervalo máis intenso no litoral. Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas descenderán. 

Deste xeito, as máximas subirán ata os 17 graos en Vigo e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata os seis graos en Lugo. 

Comentarios