Gadisa consolida a súa filosofía próxima ao cliente

Gadisa, que xerou máis de 150 empregos directos no que vai de ano, contribúe á dinamización da economía galega coa adquisición anual de artigos por valor de 238 millóns de euros a empresas da Comunidade

O Supermercado Gadis abre de novo as súas portas cunhas amplas e cómodas instalacións de máis de 1.600 metros cadrados en dúas plantas logo de experimentar unha reforma integral para adaptalo ás necesidades dos seus clientes, que atoparán unha ampla variedade de máis de 9.000 produtos de alta calidade e marcas recoñecidas ao mellor prezo, con 400 artigos en oferta permanente. As seccións están configuradas para axilizar o acto da compra.

Gadisa concede unha gran importancia ás seccións de produto fresco nos seus establecementos, atendidas por persoal especializado, de modo que os clientes poden atopar os mellores produtos coa maior calidade e frescura, adquiridos na súa maioría a pequenos e medianos produtores de Galicia. No caso dos produtos do mar, proceden das principais lonxas e portos galegos a través da empresa do grupo que xestiona directamente a compra de peixe e marisco.

A trazabilidad do produto fresco está garantida desde a orixe ata o punto de venda. A distribución realízase a diario nunha flota de transporte refrigerada desde a plataforma loxística de 103.000 metros cúbicos de volume refrigerado, situada na sede da empresa en Betanzos.

Ademais, contribúe de forma importante á dinamización da economía galega, xa que anualmente adquire artigos por valor de 238 millóns de euros a empresas da Comunidade.

O último informe da OCU destacou que Supermercados Gadis é a cadea máis barata de toda España. Os dous Observatorios de Prezos do Ministerio de Industria publicados durante os últimos 6 meses xa destacaban a Gadis como unha das cadeas cos mellores prezos a nivel nacional.

Gadisa figura no 7º lugar no ranking nacional de empresas de distribución,  conta con 195 Supermercados Gadis, 10 Centros Comerciais Haley, 12 autoservicios almacenistas de hostalería e alimentación CASH IFA e preto de 200 establecementos Claudio franquiciados situados en Galicia e Castela e León.

A empresa de distribución, que mantén un ritmo de crecemento do 4,65% ao facturar 867,51 millóns de euros no 2008, está a realizar no 2009 un importante esforzo na apertura de novos puntos de venda e na actualización e ampliación de establecementos co fin de poder ofrecer aos seus clientes a mellor opción de compra.

Comentarios