Galicia, entre o anticiclón e as baixas presións nun xoves de inestabilidade

O sol regresará de cara á fin de semana

El tiempo de este jueves. METEOGALICIA
photo_camera El tiempo de este jueves. METEOGALICIA

Este xoves Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao norte de Azores e as baixas presións que se desprazan cara ao Mediterráneo.

Así, na metade norte espéranse ceos nubrados con choivas no litoral e na metade sur os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos tormentosos pola tarde nas zonas altas.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará do nordés, moderado en xeral, forte nos arredores de Fisterra.

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 17° 23°, Ferrol 18° 24°, Lugo 15° 22°, Ourense 16° 28°, Pontevedra 17° 27°, Santiago de Compostela 17° 22° e Vigo 16° 28°
 

Comentarios