Galicia arrinca a semana con ceos despexados e xeadas no interior

LUNS TEMPO
photo_camera A previsión de Meteogalicia para este luns

Galicia arrincará a semana nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ceo que presentarán máis nubes pola mañá e néboas matinais en zonas de interior. Pola tarde abriranse grandes claros.

As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso, con xeadas no interior da comunidade autónoma, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, aumentando a moderado progresivamente, con intervalos fortes no litoral atlántico. 

Temperaturas extremas
A Coruña 5º/15º, Ferrol 5º/15º, Lugo 1º/13º; Ourense 1º/16º; Pontevedra 6º/14º; Santiago 2º/12º; Vigo 5º/16º

Comentarios