martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Galicia arrinca a semana con ceos despexados

A predición para este luns. METEOGALICIA
A predición para este luns. METEOGALICIA
As máximas poderían rozar os 20 graos nalgunhas zonas da comunidade

Galicia quedará este a baixo influencia anticiclónica, co anticiclón situado ao suroeste de Irlanda. 

Con esta situación, espéranse ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes altas que non impedirán o paso do sol, aínda que nas primeiras horas non se pode descartar algún chuvasco illado e ocasional no sur de Galicia.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos. O vento soprará do nordés, frouxo en xeral e moderado no litoral norte.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña 8° 17° Ferrol 9° 18° Lugo 4° 17° Ourense 9° 18° Pontevedra 10° 19° Santiago 10° 16° Vigo 13° 19°.

Galicia arrinca a semana con ceos despexados
comentarios