martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Galicia continuará na influencia das baixas presións este luns

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso

Non se agardan cambios significativos para o luns, xa que Galicia continuará na influencia das baixas presións con ventos do suroeste. Así, predominarán as nubes baixas con chuvias que pola mañá serán máis persistentes na franxa atlántica e que pola tarde serán probables en calquera punto da Comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará do suroeste, máis frouxo á noite.

Meteogalicia

Galicia continuará na influencia das baixas presións este luns
comentarios