Galicia manterá a influencia anticiclónica durante a ponte do Pilar

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente
Predición meteorolóxica para este sábado. METEOGALICIA
photo_camera Predición meteorolóxica para este sábado. METEOGALICIA

Galicia permanece na influencia das altas presións, con circulación máis marcada do nordés que en xornadas anteriores. Así, os ceos estarán pouco nubrados, aínda que a primera hora deste sábado haberá nubes baixas e bancos de néboa nas Rías Baixas e no interior, que irán despexando ao longo da xornada, con algún intervalo de nubes altas.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente.

O vento soprará frouxo do nordés, aumentando en intensidade pola tarde na metade norte, con intervalos fortes na Costa da Morte.

Unha tendencia anticiclónica que, segundo datos da AEMET, prevé manterse de cara á vindeira semana, coincidindo coa Ponte do Pilar.

Temperaturas
A Coruña: 13° - 22°
Ferrol: 13° - 22°
Lugo: 10° - 20°
Ourense: 13° - 26°
Pontevedra: 13° - 27°
Santiago de Compostela: 13° - 23°
Vigo: 13° - 26°

Comentarios