Galicia quedará baixo influencia das altas presións

Espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade

Este domingo Galicia quedará baixo a influencia das altas presións centradas nas Illas Británicas.
Así, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade.

meteogalicia

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán, con rexistros chegando e incluso superando os 30ºC. O vento soprará de compoñente leste, frouxo en xeral, excepto no litoral norte onde será forte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 11° 27°,
Ferrol 11° 27°,
Lugo 7° 26°,
Ourense 11° 30°
Pontevedra 12° 30°,
Santiago de Compostela 11° 29°,
Vigo 16° 30°

Comentarios