martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Galicia recibe o sábado entre nubes e claros

Mapa da previsión meteorolóxica para este sábado en Galicia.METEOGALICIA
Mapa da previsión meteorolóxica para este sábado en Galicia.METEOGALICIA

Galicia continuará durante este sábado con predominio da influencia anticiclónica, aínda que a presenza dunha borrasca ao oeste de Irlanda achegará humidade ao litoral atlántico. Con esta situación, espérase ceo pouco nubrado ou despexado en xeral, con alternancia de nubes e claros no litoral atlántico, onde tamén haberá posibilidade de néboas costeiras e algún orballo ocasional.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente oeste, frouxo en xeral. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata 29 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán ata 10 graos en Lugo. 

TEMPERATURAS MÍNIMAS E MÁXIMAS NAS CIDADES
A Coruña     14°     21°
Ferrol     14°     22°
Lugo     11°     25°
Ourense     12°     28°
Pontevedra     14°     23°
Santiago de Compostela     15°     21°
Vigo     14°     23°

Galicia recibe o sábado entre nubes e claros
comentarios