lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

Galicia terá un mércores de ceos anubrados e máximas en ascenso 

Previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA
Previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA

Este mércores o anticiclón moverase lixeiramente cara o norte, polo que aumentará transitoriamente a estabilidade en Galicia. Así, espérase un ceo anubrado e con néboas matinais no interior. Pola noite, aumenta a probabilidade de choivas débiles no oeste.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do sur, aumentando de intensidade pola tarde e noite. Pola súa banda, as temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente.

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 17 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até o seis graos na capital ourensá. 

TEMPERATURAS MÁXIMAS E MÍNIMAS NAS PRINCIPAIS CIDADES 
A Coruña     8°     16°

Ferrol     7°     16°

Lugo     8°     14°

Ourense     6°     17°

Pontevedra     8°     14°

Santiago de Compostela     8°     13°

Vigo     8°     15°

Galicia terá un mércores de ceos anubrados e máximas en ascenso 
Comentarios