Galicia vive o venres entre o sol e as nubes á espera do anticiclón

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Achégase a Galicia a influencia dun anticiclón, unha situación pola que as previsións meteorolóxicas anuncian para este venres ceos con intervalos nubrados. As nubes estarán máis presentes ao norte, onde se poden rexistrar precipitacións débiles.

Así as cousas, nun día de ventos moderados —con intervalos fortes no litoral—, Meteogalicia apunta que as temperaturas mínimas non experimentarán cambios relevantes. As máximas elevaranse en boa parte da comunidade, ata os 24 graos en Pontevedra e Vigo. Lugo, con todo, quedará nos 15.