Galicia vivirá unha xornada de ceos despexados e temperaturas en ascenso

Algúns bancos de néboa poden aparecer no interior da provincia de Lugo
Tiempomartes
photo_camera Mapa do tempo para este martes. METEOGALICIA

Galicia vivirá unha xornada de martes con influencia de altas presións, con entrada de aire cálido, polo que se espera un día de ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. 

No interior de Lugo poden aparecer bancos de néboa illados cara ao final da xornada, e o vento soprará frouxo de noroeste na metade norte, do norte no litoral ao sur de Fisterra e frouxo variable na metade sur.

Temperaturas mínimas e máximas nas cidades galegas
A Coruña     12°     19°

Ferrol     10°     21°

Lugo     7°     24°

Ourense     13°     27°

Pontevedra     12°     21°

Santiago de Compostela     12°     21°

Vigo     13°     21°

Comentarios