Galicia xa conta coa súa propia Guía de Soles Repsol

Momento de la presentación en Santiago, este lunes, con Castro y Ansón (EFE/ Lavandeira Jr)
photo_camera Momento de la presentación en Santiago, este lunes, con Castro y Ansón (EFE/ Lavandeira Jr)

A Guía de Soles Repsol en Galicia sitúa aos fogóns galegos á altura da gran cociña Española, potenciando así as súas 24 distincións no panorama gastronómico galego.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón, presentaron hoxe esta primeira guía online e gratuíta de restaurantes Soles Repsol de Galicia, que desde esta xornada está dispoñible na web de Turismo de Galicia.

A guía, elaborada por Turismo de Galicia, ten como fin potenciar a excelencia da gastronomía de Galicia, á vez que promove os 24 restaurantes e cociñeiros galegos que posúen Soles de Repsol, as prestixiosas distincións anuais que se conceden aos mellores restaurantes e cociñeiros, como símbolo á súa excelencia culinaria.

Ansón, en conferencia de prensa en Santiago de Compostela, sinalou que a cociña española é actualmente un referente mundial "todo o mundo quere vir ver o que se está facendo en España", e insistiu en que, precisamente nese escenario, é no que se debe potenciar a cociña galega, que nun breve período de tempo estará á altura da cociña "vasca ou catalá", máis recoñecidas.

De feito, o presidente da Real Academia de Gastronomía recoñeceu, que o próximo dous de decembro, cando se presente a próxima guía Repsol, á parte correspondente a restaurantes galegos "haberá que ampliarlle unhas follas", posto que aínda que non precisou cantas, haberá novas incorporacións, excedendo deste xeito os 24 Soles en Galicia.

A través desta ampliación, coa que se incrementará a guía presentada esta mañá dotarase dunha maior difusión ao bo facer entre fogóns desta terra.

Nun momento no que a gastronomía é un gran referente turístico, o presidente da academia apuntou que os cociñeiros son o seu gran reclamo, pois "o que está de moda non é a cociña española, senón a cociña de españois", e nese sentido animou aos chefs dos restaurantes a aproveitar esa potencialidade.

Para iso, reiterou que os cociñeiros de Galicia teñen á súa disposición un luxo do que outros carecen, posto que a "materia prima" é inmellorable no territorio, porque "Galicia é a mellor despensa de Europa".

Rafael Ansón resaltou que xa son "moitos" os que visitan Galicia para percorrer os seus restaurantes, porque existe "unha cociña de autor" que xustifica a viaxe, dixo acompañado por algún dos integrantes da Guía, como Pepe Solla ou Javier Oleiros.

Pola súa banda, a responsable de Turismo, Nava Castro celebrou a creación desta guía online, que potencia -dixo- un dos motores do turismo na Comunidade, xa que a gastronomía é o segundo motivo que condiciona a elección de viaxar a Galicia, só por detrás da natureza.

Nava Castro defendeu deste xeito que falar de Galicia significa falar de ''excelencia" culinaria, algo que demostran, ademais dos 24 Soles, os 11 restaurantes con Estrela Michelín, e os máis de 50 servizos de restauración coa marca Q de Calidade Turística.

Comentarios