Galiciaé e Aprendum ofrécenche este curso online de Bolsa e Trading

Coñece as ferramentas e estratexias para poder levar a cabo investimentos seguros na Bolsa de Valores
Conocer las herramientas y estrategias para poder llevar a cabo inversiones seguras en la Bolsa de Valores es una destreza que va ligada a una buena formación
photo_camera Conocer las herramientas y estrategias para poder llevar a cabo inversiones seguras en la Bolsa de Valores es una destreza que va ligada a una buena formación

Se te apaixona o investimento en Bolsa non o penses máis. Galiciaé e Aprendum propóñenche este curso online de Bolsa e Trading, que che proporcionará os conceptos e estratexias necesarias para realizar calquera tipo de investimento. En pouco tempo serás capaz de realizar os teus propios investimentos, detectar as oportunidades de beneficio e os puntos de subida e baixada para sacarlle o maior rendemento ao teu diñeiro. Resultarache moi sinxelo realizar análises que che axuden a executar as túas actividades dentro do mercado financeiro.

O curso fai fincapé nos principais produtos financeiros e as súas características, aborda o significado dos termos utilizados no trading e define as estratexias a seguir para operar nos mercados minimizando os riscos e diferenciando os distintos perfís de investidor. Xa podes inscribirte nel por só 59 euros.

Chegar a considerarte unha persoa cualificada no mercado bolsista pode converterse en algo moi útil e proveitoso para a túa propia economía ou a da túa contorna. O curso esta impartido polo prestixioso Instituto iBT, que conta cunha gran traxectoria en formación no campo dos investimentos e o mercado bolsista, o que che garante a calidade dos seus contidos. Trátase dun curso de 70 horas no que contarás cun titor online para consultar calquera dúbida que che poida xurdir.

Ao finalizar os estudos obterás o Certificado Acreditativo do Instituto iBT para deixar constancia da túa formación como investidor financeiro.

Adquire as habilidades fundamentais para actuar con coñecemento e saca o bróker que levas dentro!

Comentarios