martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Humidade e ceos moi nubrados nun mércores de transición en Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia
As máximas subirán até os 23 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 10 graos en Lugo

Este mércores será unha xornada de transición na que progresivamente se irá gañando influencia anticiclónica. As baixas presións localizadas nos días anteriores nas Illas Británicas irán perdendo forza, pero aínda deixarán un ambiente cambiante, con moita humidade. Así, os ceos estarán en xeral moi anubrados, con orballos na provincia da Coruña pola mañá, mentres que pola tarde os chuvascos serán máis probables na provincia de Lugo.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo rolando de oeste a compoñente norte durante a xornada. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso e as máximas seguirán sen cambios significativos.

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 23 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 10 graos en Lugo. Na capital lucense os termómetros non pasarán dos 17 graos.

Humidade e ceos moi nubrados nun mércores de transición en Galicia
comentarios