I Concurso de Tapas

A primeira edición do Concurso de Tapas celebrarase durante os días 20 e 28 de abril no municipio lucense de Meira. Os establecementos da zona elaborarán diversas tapas orixinais e tradicionais.

Os asistentes poderán degustalas desde as 13.30 ata as 15.00 horas e desde as 19.30 ata as 22.30 horas, a un módico prezo de 1,50 euros.

Nos locais hostaleiros haberá un cartel co nome da tapa e cartóns de votación para que os lucenses e foráneos poidan introducir a súa papeleta nunha urna. Aqueles que selen todo o cartón entrarán nun sorteo dunha sesión de Spa e unha comida para dúas persoas.

Comentarios