II Festa das Tapas

Padrón celebrará por segundo ano a Festa das Tapas, desde o día 14 ao 16, e posteriormente do 21 ao 23 de setembro.

Doce establecementos hostaleiros ofrecerán deliciosas tapas a 1,50 euros para que os asistentes poidan escoller ao seu gañador.

Darase un premio á mellor tapa e tamén se celebrará un sorteo entre todos os participantes da degustación.

Comentarios